O meu Concello  

Servizos que se prestan neste Punto de Información Catastral (PIC)

A importancia do Punto de Información Catastral do Concello de Ribadumia, radica en evitar aos cidadáns os desprazamentos ás dependencias de Xerencias Territoriais do Catastro ou ás propias Direccións Xerais á hora de solicitar información ou certificacións de carácter catastral, xa que os certificados catastrais telemáticos obtidos a través dos PIC producirán os mesmos efectos que os certificados expedidos polos órganos da Dirección Xeral do Catastro.

Así desde o PIC de Ribadumia tense acceso aos seguintes servizos:


1. Consulta de datos catastrais non protexidos e certificación da referencia catastral
2. Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado
3. Certificación negativa
4. Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC
5. Recepción, dixitalización e rexistro de escritos e documentación con incidencia catastral
6. Notificación de acordos catastrais
7. Información e asistencia ao cidadán. Confección de declaracións e utilización do asistente gráfico
8. Consulta e certificación de datos catastrais protexidos por titulares catastrais lindeiros, titulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería e herdeiros